domingo, 21 de abril de 2013

2ª EDICIÓN DO INFORMATIVO DO XOCAS

Fíxose esperar, pero xa está lista a 2ª edición do noso informativo. Os reporteiros e reporteiras de 3º e 4º xa están feitos uns expertos xornalistas.
Nesta edición, na sección "Bande contesta" contamos coa inestimable colaboración do alcalde de Bande e de Xurxo, o noso monitor de actividades deportivas. Moitas gracias aos dous e a María do 1º ciclo, a muller do tempo nesta edición.
Esperamos que vos guste e que poñades moitos comentarios.
Gustaríanos moito que nos puxésedes suxerencias para a próxima edición.




miércoles, 30 de enero de 2013

INFORMATIVO DO XOCAS

Xa está aquí a primeira edición do Informativo do Xocas.
Todos os redatores e redatoras de 2º ciclo, as presentadoras e a colaboradora do 1º ciclo: Ánxela, traballaron moito para que todo saíse perfecto.
Moitas gracias a todos os entrevistados.
A ver que vos parece.

 

lunes, 28 de enero de 2013

PROBLEMIÑAS

Dadas as inclemencias climáticas da semana pasada a esperada estrea dos "Informativos do Xocas" vai un pouco retrasada. Aínda así, esperamos que esta semana xa estea todo listo.

Perdoade pola espera!!!!!



jueves, 17 de enero de 2013

3, 2, 1...

A conta atrás está a punto de rematar para poder ver a primeira edición do "Informativo do Xocas". Os reporteiros e reporteiras do 2º ciclo están traballando a marchas forzadas para poder estrear o informativo a semana que ven.
Ademais estamos moi contentos porque imos recibir a colaboración dos nenos do 1º ciclo como homes e mulleres do tempo. Vano facer xenial.
Polo de agora temos lista a cabeceira. A ver que vos parece...
Que nervios!!!!!


miércoles, 9 de enero de 2013

TEMOS LOGO

Pasiño a pasiño ímoslle dando forma ao noso informativo. Presentámosvos o noso logotipo. 


martes, 8 de enero de 2013

COMEZA O 2º TRIMESTRE

Despois das merecidas vacacións de Nadal xa estamos todos aquí de novo, e os alumnos e alumnas do 2º ciclo imos comezar un novo proxecto: un informativo.

Durante todo este trimestre volverémonos reporteiros. Traballaremos diferentes novas da actualidade do centro e da comarca e realizaremos un noticierio que colgaremos cada 15 días no noso blog. Esperamos que teña moito éxito.

Xa empezamos a traballar na primeira edición, así que estade pendentes porque en 15 días terédelo aquí colgado.

Un saúdo.

lunes, 7 de enero de 2013

ABRE OS OLLOS

Fíxose de rogar, pero por fin está aquí a película dos rapaces e rapazas do 2º ciclo para todos aqueles que non puidestes asistir á presentación no festival de Nadal que por certo, foi todo un éxito.

Esperamos que vos guste e que  vos faga reflexionar e animámosvos a que nos deixedes os vosos comentarios sobre a peli.