Despois das merecidas vacacións de Nadal xa estamos todos aquí de novo, e os alumnos e alumnas do 2º ciclo imos comezar un novo proxecto: un informativo.
Durante todo este trimestre volverémonos reporteiros. Traballaremos diferentes novas da actualidade do centro e da comarca e realizaremos un noticierio que colgaremos cada 15 días no noso blog. Esperamos que teña moito éxito.
Xa empezamos a traballar na primeira edición, así que estade pendentes porque en 15 días terédelo aquí colgado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario